Música e Aprendizaxe
-

estimulanDO desde 4 meses a 3 anos
Dirixido a bebés acompañados dun familiar. Utilizaremos material didáctico propio creado por Tratalenca. Os xogos, actividades e cancións están enfocadas ao desenvolvemento do bebé en todos os aspectos necesarios para optimizar calquera aprendizaxe sexa ou non musical: atención, memoria, habilidades sociais, etc. Bo humor e moitas bonitas experiencias para compartir.
-

Xogando coa música desde 3 a 7 anos
En diferentes grupos xogaremos para desenvolver as habilidades cognitivas e sociais á vez que traballaremos o desenvolvemento emocional e a conciencia grupal. As nosas sesións incluirán actividades para desenvolver o sentido rítmico,coordinación,a escoita e entoación a través de divertidas propostas con pequena instrumentación, percusión corporal e xogos cooperativos.
-

Entre Notas desde 7 a 12 anos
Agrupacións por idades. Alén dunha gran parte de material didáctico propio empregaremos fragmentos de diferentes estilos musicais para desenvolver o sentido musical en todos os seus ámbitos. De xeito ameno e moi gradualmente os alumnos irán coñecendo a linguaxe musical. Continuaremos nestas etapas co traballo corporal, emocional e social con actividades grupais que favorecerán a capacidade de axuda e a habilidade de deixarse axudar así como o respecto aos erros propios e alleos.
-

cantanDO desde 8 anos e adultos
Ofrecemos a opción de desfrutar co traballo en equipo dirixido a entoar acompañándonos de pequenos patróns rítmicos corporais.
-

PIANO desde 3 anos e adultos
Tanto nenos como adultos poden comezar sen coñecementos previos. Consulta as nosas opcións de piano en familia, con outros compañeiros ou individuais.
-

UKELELES e Cores desde 7 anos e adultos
Un instrumento que poderá ir sempre contigo e que aprenderás con ou sen coñecementos musicais.
-

MaNSePéS
Unha opción que ofrece a posibilidade de aprender diferentes instrumentos talles como tambores de lingua, piano de pés e boomwhackers entre outros. Tamén exercitaremos a percusión corporal.
-

Pequena percusión
Desenvolveremos a coordinación, sentido rítmico e escoita activa coa nosa pequena batería, metalonotas, triángulos, pandereitas, etc.
-

Outros
Linguaxe e teoría musical, clases de apoio ou preparación de accesos a conservatorios son outras opcións
-

REtenDO
Programa de estimulación cognitiva a través da música para madurar activamente. Consúltanos para coñecer máis sobre estas sesións.




